INICIO

Por qué Núa?

Núa é a maneira na que quero presentar os meus produtos, sen envase. De feito, teño como obxectivo conseguir que o negocio teña o menor impacto ambiental posible. Para iso, teño á vosa disposición uns envases retornables fabricados con fibra de bambú 100% vexetal, nos que poderedes levar a vosa comida sen necesidade de consumir plásticos dun só uso innecesarios. Tamén podedes traer o voso propio tupper e desfrutar dun 5 % de desconto nas vosas compras.

Dar o nome de Núa ao meu proxecto é tamén unha maneira de expresar como vou a espir a miña alma coas miñas receitas. Cada día ofrecerei un menú de tempada, totalmente artesanal, elaborado con moito cariño e produtos locais, na sua maioría ecolóxicos.

Decidinme por Núa, en feminino e en galego, porque representan quen son e a miña idea de apoiar o emprendemento feminino e local.



Facebook
Instagram