PRODUTOS

En Núa que podes atopar?

Temos dúas liñas de produtos á venda:

👩🏽‍🍳 Menú diario de comida para levar, sa, rica e equilibrada, sempre con opción vegana. Cada día temos un menú distinto, así podemos ofrecer a máxima calidade nas nosas elaboracións.

Tenda de alimentación totalmente artesanal e con filosofía zero waste, onde podes atopar salsas, fermentos, leites vexetais, empanadas, caldos concentrados e moitas máis sorpresas.

En que nos diferenciamos?

MATERIAS PRIMAS ECOLÓXICAS

Utilizamos produtos ecolóxicos de tempada e de proximidade. Así ofrecemos un produto de máxima calidade, que se conserva mellor que os convencionais e supéraos en sabor. Ademais, os nosos produtos son máis repectuosos co medio ambiente.

ELABORACIÓN ARTESANAL

Elaboramos diariamente os nosos menús para ofrecervos produtos recén feitos. Non utilizamos conservantes nin sabores artificiais.

ATENCIÓN PERSONALIZADA

A nosa atención será próxima, prestándoche un asesoramento dedicado e tendo en conta as túas necesidades.

MENÚ A MEDIDA

Tes a opción de deseñar menús á túa medida, dependendo das túas preferencias, dietas, intolerancias, etc.

APOSTA POLOS PRODUTOS LOCAIS

A proximidade dos nosos produtores é un valor engadido para a obtención de produtos de gran calidade e sabor, supoñendo un impulso para a economía da rexión.

Os nosos provedores:
· Froitas e verduras: Productores das mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ; Produtores da Asociación de Labregos Ecolóxicos de Galicia (ALEGA) ; Produtores pertencentes ao selo regulador de agricultura ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
· Cogomelos: Siltake  e compra directa a recolectores.
· Carnes: Granxas de Lousada e compra directa en prazas da cidade.
· Peixes: Compra directa en mercados como a praza de San Agustín.
· Lácteos: Produtores da Asociación de Produtores de Leite Ecolóxica de Galicia ; Produtores de queixos galegos de toda a xeografía galega.
· Produtos secos e fariñas: Ecoandes ; El granero integral ; El Molino de Cerecinos ; Chocolates Solé ; Euro Andean
· Ovos: Pazo Vilane
· Pasta: Martinelli
· Produtos de limpeza: Cos pés na terra

Con todos os proveedores de produto fresco creamos un sistema o máis sostible posible, evitando plásticos dun só uso innecesarios.

Facebook
Instagram