COÑÉCENOS

Quen está detrás do mandil?

Preséntome: chámome Rosa, son natural da Coruña e teño 37 anos.

A miña formación en cociña comenzou hai máis de 15 anos, cando me titulei nun Ciclo Superior de Restauración na escola IES Fragas do Eume, en Pontedeume. Posteriormente, estudiei Turismo na Universidade Felipe Moreno en Palma de Mallorca. Alí fun propietaria , xunto con Tomeu Martí, un dos cociñeiros máis importantes da illa, dun resturante de cociña xaponesa no centro de Palma. Actualmente é unha cadea de restaurantes de alto rendemento.

O meu interese pola gastronomía levoume a viaxar por diferentes lugares da xeografía europea e española, onde puiden empaparme da súas culturas e aprender delas.

As miñas inquedanzas por aprender cousas novas leváronme tamén a San Sebastián, onde realicei un Máster en Cociña Técnica e Produto na recén inaugurada universidade gastronómica Basque Culinary Center. Alí, ademais de descubrir unha nova maneira de cociñar e complementar a miña formación, puiden entrar en contacto con persoas de todo o mundo, compartindo coñecementos das diferentes visións a nivel global da gastronomía.

Tralo máster fixen as miñas prácticas nun restaurante ecolóxico en Olot, o restaurante “Les Cols”, onde me comecei a interesar pola agricultura ecolóxica e os procesos de produción respectuosos co medio ambiente.

Xa de volta en Galicia, seguín estudando neste sistema e estilo de vida, o cal motivou o meu interese emprendedor, así como poder poñer en práctica os meus coñecementos e aportar o meu gran de area á sociedade deseñando este modelo de negocio.

A idea de Núa xorde do crecente interese da poboación pola vida saudable, e da necesidade de expresarme coma cociñeira, buscando un espazo onde poida cociñar comida caseira, san e accesible e, ao mesmo tempo, compaxinar a miña vida laboral coa miña vida persoal como nai.

Os horarios actuais do mundo hostelero dificultaban a harmonización da miña vida como nai dun neno de 5 anos, polo que se me ocurriu unir a miña paixón por coidar da saúde e comer ben, nun horario que me permite pasar tempo de calidade co meu fillo e a miña familia.

Facebook
Instagram